Xornada Hostalaria e Sociedade

Xornada Hostalaria e Sociedade

A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense acolleu unha xornada que baixo o título “Hostalaría e sociedade” quixo amosar ao alumnado do centro modelos de negocio novos que destacan, entre outras cuestións, polo seu compromiso coa contorna. Deste xeito, Daniel Guzmán e Julio Sotomayor, propietarios e chefs do restaurante Nova, explicaron a súa aposta polos produtores locais e pola “cociña de raíces” e Aser Álvarez falou do Grupo Galeguesa, que abrangue desde unha facenda de gando vacún no rural ata un restaurante en Vigo no que se serve o seu produto estrela, hamburguesas.

Deja un comentario

Cerrar Menú