Vacas francesas en lugar de autóctonas galegas

Vacas francesas en lugar de autóctonas galegas

Roberto explicou a GG que ía comprar tenreiras de razas autóctonas de Galicia, que están subvencionadas “pero no camiño estragóuseme un tractor e chamei ao provedor de Cataluña para encargarlle a peza danada pero na conversación saíron os meus plans e tanto falamos que me convenceu de, polo menos, ir coñecer vacas da raza francesa saler”, explicou.

O gandeiro ourensán descubriu que hai vacas “saler” en Australia, Estados Unidos ou Irlanda pois a raza procede do Macizo Central de Francia e isto faias “duras, dóciles, fáciles de coidar e só necesitadas de alimento pois ata paren elas soas”, agregou Roberto.

En 2005 o gandeiro decidiu mercar vacas “saler” a pesar de non estar subvencionadas en Galicia e alimentalas con “dieta tradicional” a base de millo, cebada, trigo, centeo e leite das súas nais.

“Ofrecín a carne, que é sabrosísima, a carniceiros e coñecidos para que a probasen pero me chamaron tolo por tentar vender carne dunhas vacas que se crían soas no monte e sen penso”, continuou.

Deixa unha resposta

Cerrar Menú