Slow Food, unha corrente ecogastronómica

Slow Food, unha corrente ecogastronómica

A pornografía alimentaria, como a define Carlo Petrini o espectáculo alimentario ao que está sometido o mundo dende que terminou a II Guerra Mundial, viveu para este italiano un dos seus puntos mías álxidos cando en 1986 McDonald’s inaugurou uhna filial na praza de España de Roma. Dura estocada nun país que se vanagloriaba da calidade do seu producto local, máxima expresión da tan valorada dieta mediterránea, que Petrini e varios dos seus colegas periodistas non pensaban tolerar. Fundaron entonces o movemento Slow Food, unha corriente ecogastronómica que promove unha alimentación entendida como expresión da identidade e da cultura que, máis de trinta anos despois, recorre o mundo e calou fondo tamén na esquina do noroeste peninsular.

Dende Santiago, un grupo de especialistas loita pola «recuperación de productos autóctonos que se están perdendo debido a que as xente xoven descoñece a súa existencia, polo abandono do rural, o envellecemento da poboación que os traballa ou a súa mala saída comercial». Explicao Rocío García, unha das cabezas visibles de Compostela Slow Food. Esta asociación, que traballa en toda Galicia, ten os seus propios gardas, que van desde productores ou chefs a técnicos agrícolas. Gardas que velan por devolverlle o valor a alimentos que, de non ser polos seus esforzos, seguirían no ostracismo culinario no que habitaban hasta fai uns anos.

 

Ler artigo completo de La Voz de Galicia

Deixa unha resposta

Cerrar Menú