Proxectos sen fin

Proxectos sen fin

A idea inicial de Roberto de eliminar os incendios da zona de Amoroce pondo o monte comunal en produción, neste caso como pasto para un rabaño de becerros e vacas «saler», está máis que realizada polo que se expón abordar outros soños do inicio como introducir a súa carne nos comedores escolares para que os seus fillos coman neles o mesmo que na súa casa.

Tamén pensa ampliar a súa cabana a 200 ou 300 cabezas, preparar un obrador con sala de ultracongelado para mellorar o proceso de elaboración e organizar excursións escolares durante o ano 2011 para que os nenos coñezan os traballos da gandería.

Publicado en la Region  http://www.laregion.es/articulo/celanova/ganadero-celanoves-patenta-galeguesas/20110106075002133805.html

Deja un comentario

Cerrar Menú