A nosa filosofía

Criamos o gando en liberdade, só con pastos naturais e cereais, na nosa finca. Elaboramos os produtos de xeito artesanal no noso propio obradoiro para garantir o máximo esmero no tratamento da materia prima e que poidas desfrutar dunha experiencia gastronómica excelente nos nosos locais.

"Casa Galeguesa é a historia dun soño cociñado a lume lento, a base de traballo, compromiso social e medioambiental e a vontade de facer as cousas ben"

Compromiso co territorio e cos colectivos desfavorecidos

A orixe do noso proxecto empresarial pasa pola recuperación dunha gran finca abandonada no término municipal de Celanova (Ourense), onde criamos gando das razas Salers (orixinaria dos Alpes) e Cachena (autóctona), en liberdade e con métodos tradicionais. A este compromiso medioambiental, o Grupo Galeguesa suma a súa implicación para axudar aos colectivos máis desfavorecidos. Na propia finca onde se cría o gando promovemos a creación dun centro sociocomunitario onde se ofrecen terapias con animais para persoas con discapacidade e en risco de exclusión social. A nosa idea é crear un centro especial de emprego, onde poder insertar laboralmente ós seus usuarios para que realicen diversas labores dentro do grupo empresarial.

Cerrar Menú