Xornada de Cocktail Pairing en Galeguesa Madrid

Xornada de Cocktail Pairing en Galeguesa Madrid

Galeguesa é un proxecto que nace en Celanova (Ourense) da recuperación de fincas abandoadas para a cría polo sistema tradicional de gando vacún. A partir de ahí nace a creación na  propia finca dun centro sociocomunitario que ofrece terapias con animais a persoas con discapacidade e en risco de exclusión social.

Este proxecto empresarial, centrado actualmente na elaboración de hamburguesas artesanas con carne de vacún autóctono, conta xa con local en Vigo, a partir do cal plantexa unha expansión por todo o territorio galego e, dende fai uns meses, con local na madrileña Cava Alta, Galeguesa Madrid, que ademais de servir hamburguesas de calidade pretende ser o altavoz na cidade dos valores do proxecto, dar a coñecer os seus productos e exercer como centro dinamizador cultural e de apoio a outras iniciativas interesantes cos que o equipo de Galeguesa comparte filosofía.

Este é o caso da xornada que levará a cabo no próximo día 10 de abril xunto a Green Mixology, a primeira empresa estatal enfocada aos destilados orgánicos. Baixo o nome de Organic Cocktails & Organic Food estos dous proxectos gallegos plantexan unha convocatoria para dar a coñecer as súas iniciativas a medios e propoñer unha sesión de Cocktail Pairing na cal se elaborarán catro cócteles co vodka, o vermut e a xinebra ecolóxicos de Green Mixology maridados con platos da oferta de Galeguesa.

A convocatoria terá lugar no local de Galeguesa Madrid, no número 27 de Cava Alta, o día 10 de abril ás 12:30.

 

Ver artigo

Deixa unha resposta

Cerrar Menú