Galeguesa Vigo recibe a distinción “Slow Food” no seu terceiro aniversario

Galeguesa Vigo recibe a distinción “Slow Food” no seu terceiro aniversario

A hamburguesería Galeguesa Vigo recibirá o día 21 de decembro, coincidinco do seu terceiro aniversario, a segunda distinción “Km 0 Slow Food” que se concede en Galicia, a primeira na provincia de Pontevedra.

O recoñecemento, informa o establecemento nun comunicado, valora que este proxecto empresarial e medioambiental salvagarde “as tradicións gastronómicas innovando e mantendo o equilibrio co entorno e a cultura, cun producto san e artesanal”.

“Slow Food” é un movemento internacional nacido en Italia que se contrapón á estandarización do gusto e promove a difusión dunha a nova filosofía que combina pracer e coñecemento.

Centra boa parte dos seus esforzos en conservar alimentos ou razas de animais que están desaparecendo pola industrialización do campo.

Os responsables de Galeguesa aseguran que a súa “máxima preocupación” sempre foi a de potenciar “a recuperación de montes abandoados con vacas de razas cachena e saler, criadas en liberdade, so con pastos naturais e cereais”.

Con carnes selectas destos animais elaboran hamburguesas de forma artesanal, sen aditivos artificiais nin químicos e con menos do 8% de grasa.

Deixa unha resposta

Cerrar Menú