Galeguesa Vigo, aniversario e certificado Km0

Galeguesa Vigo, aniversario e certificado Km0

Galicia suma o seu segundo restaurante certificado oficialmente como Km0. Trátase de Galeguesa Vigo, moito máis que unha hamburguesería gourmet pois no so se volcan na calidade dos productos que ofrecen senón na súa orixe e manexo. De feito, Galeguesa logrou pechar o círculo da súa carne, controlando desde a súa producción (teñen gando propio, de raza Cachena), o seu sacrificio e despiece (contan con sala propia de despiece, na praza de Celanova) a su elaboración e cociñado. As ‘burguers’ de Galeguesa combinan a mellor carne de vacuno cos mellores acompañamentos (salsas de elaboración propia, queixos con DDOO galegas, vexetais Km cero, etc.), unha aposta que conseguiu o beneplácito do público. Tanto é así que o grupo iniciou un proceso de expansión que en Galicia cristalizará na apertura de establecementos en cidades como Santiago, Ourense e Pontevedra.

A celebración do terceiro aniversario do local vigués e da entrega do certificado Km0 por parte de Slow Food Compostela coincide ca introducción na carta da Galeguesa de Inverno, que acompaña á burguer con ovo campeiro, queixo, lacón prensado e grelos. Preséntase en tres tipos de pan: rústico, brioche e con semillas (de lino e amapola). Por outro lado, o establecimento comezou a introducir novas presentacións e cortes como a carne ao caldeiro ou o osobuco.

Por todo isto, Galeguesa é autentico Km 0:

https://compostela.slowfood.es/restaurantes/

https://slowfood.es/restaurantes/

http://www.slowfoodcompostela.es/2017/12/galeguesa-vigo.html

Ver noticia en: http://www.laalacenaroja.com/noticia/4692

Deixa unha resposta

Cerrar Menú