De lotes de carne a galeguesas

De lotes de carne a galeguesas

Mentres o gandeiro celanovense intentaba estreitar contactos con outros gandeiros para asociarse, o seu irmán de 33 anos -cinco menos que Roberto- propúxolle que elaborase hamburguesas “que ao parecer están moi de moda en Madrid”, segundo lle dixo.

Moeu a carne, mesturouna con pan rallado, sal, ourego e perixel, deulle forma redonda e empezou a engadirlla ós lotes de carne.

Logo un amigo hamburgués propúxolle o nome de “galeguesa” para o novo produto e así o rexistrou “e desde hai un ano, no canto de lotes con algunha galeguesa, só me piden galeguesas acompañadas con algo de carne enteira”, agregou.

As “galeguesas” de Roberto véndense en fresco envasadas ó baleiro, para consumir nos seguintes 3 a 5 días pero tamén se poden conxelar e así duran meses, e nese caso a súa preparación non require descongelación senón que se pode pór directamente na tixola ou no ferro.

Deixa unha resposta

Cerrar Menú