A galeguesa,
da nosa finca á túa mesa

A Galeguesa é unha burger elaborada artesanalmente con ingredientes naturais. É elaborada co máximo esmero no noso propio obradoiro, con carne selecta de animais de cria propia. Por iso a Galeguesa é unha burger con garantía de orixe, saudable e con moi baixo contido en graxa. Galeguesa é a auténtica burger de Galicia.

E só poderás degustala nos nosos locais.

Galeguesa Gou

Chega a Ourense un novo modelo de negocio de Galeguesa pensado para petiscar e comer na rúa, cun establecemento que conta na súa carta cunha selección das burgers artesanais máis vendidas e unha proposta de bocatas, tostas premium, bolos recheos e espetiños elaborados con carnes de crianza propia de vacas de raza Cachena criadas en liberdade.

 

Prato de culler e ensalada de tempada, patacas cortadas a man, nachos, salsas caseiras e sobremesas. Para os veganos, contamos cunha Galeguesa Vexetariana de elaboración propia. 


OURENSE
Rúa Viriato, 4. Zona dos Viños (Praza do Ferro).
Horario: 13,00 a 15.45 horas (fin de semana ata as 16,00 horas) e de 20, a 00,00 horas.
Telf: 988 061 850
ourense.gou@galeguesa.com

 
Cerrar Menú