Artesanía alimentaria

A Galeguesa é unha burger elaborada artesanalmente con ingredientes naturais. É elaborada co máximo esmero no noso propio obradoiro, con carne selecta de animais de crianza propia. Por iso a Galeguesa é unha burger con garantía de orixe, saudable e con moi baixo contido en graxa. Galeguesa é a aunténtica burger de Galicia.

E só poderás degustala nos nosos locais.

"A galeguesa é un produto único 100% natural, elaborado artesanalmente no noso propio obradoiro só con carnes selectas de gando vacún criado en liberdade nas nosas fincas a base de pastos naturais e cereais."

A Galeguesa, da nosa finca á túa mesa

Coa idea de pechar o círculo do proceso de produción de principio a fin, no ano 2014 nace a primeira Casa Galeguesa, un local de hostalería na rúa Oporto, 7 de Vigo, onde podes degustar a auténtica Galeguesa combinada cos mellores produtos galegos (pan artesán, queixos, verduras de tempada e proximidade). Na nosa carta tamén hai ensaladas, burguers vexetais de elaboración propia, carnes de crianza propia e postres artesanais, elaborados no noso local. A finais de 2017 abrimos un novo local de Galeguesa en Madrid, na calle Cava Alta, 27, no barrio da Latina, cun concepto diferente de local co que iniciamos un proxecto de expansión a nivel nacional.

Galeguesa Vexetal e do Mar

Os nosos clientes vexetarianos tamén poden desfrutar dun produto artesanal de elaboración propia, a Galeguesa Vexetal, unha burger única con base nun guiso de verduras de tempada e proximidade con garantía de orixe. Os produtos frescos do mar tamén teñen o seu protagonismo na nosa oferta gastro, coa Galeguesa do Mar, unha burger diferente, elaborada artesanalmente cos mellores produtos do noso mar. 

Cerrar Menú