Carne como a de toda a vida

Carne como a de toda a vida

Roberto tivo que optar ao principio polo autoconsumo e segundo explicou, a primeira vez que se preparou carne de tenreiro “saler” na súa casa, a familia chorou porque o guiso cheiraba e sabía como os de toda a vida en casa dos seus avós.

Tras a comprobación de sabor e calidade na casa, Roberto decidiu repartir lotes de carne para dala a coñecer entre amigos, veciños, e incluso a algún condutor de camión que a levou para os seus clientes.

Todas as dificultades iniciais foron limándose e comezaron os pedidos de lotes de carne, por teléfono e a través da súa páxina web polo que solicitou que se organizase un curso de despezamento de carne no Centro Tecnolóxico da Carne de Galicia, instalado no parque Tecnolóxico de San Cibrao das Viñas.

“Estivemos 15 persoas aprendendo a despezar e eu aluguei un posto na praza de abastos de Celanova, para traballar polas noites facendo os lotes que me encargan”, agregou.

Deixa unha resposta

Cerrar Menú